Dúas mozas galegas, Uxía e Xiana, que non se coñecen de nada, cargan co
mesmo peso nas costas: ser as heroínas que salven o galego da súa inminente
desaparición, misión encomendada polo seu pai, Lois, no seu leito de morte. Ante
a imposibilidade para cumprir cunha promesa tan ambiciosa caen nunha
depresión que as leva a facer o camiño de Santiago para darlle sentido ás súas
vidas. Encóntranse por primeira vez en Santiago de Compostela e inician a
última etapa xuntas ata Fisterra, fascinadas pola coincidencia das súas
biografías. Neste andaina, descubren tres portas espazo-temporais que lles
permiten viaxar no tempo: ao pasado dos séculos escuros de opresión do
idioma; aos séculos de ouro, de célebres cantigas e trobadores; e ao futuro
desolador onde a língua esmoreceu e só permanece o acento. Inmersas nesta
realidade impactante achan a fórmula para mellorar a saúde actual da lingua
galega.
SINOPSE_
Preestrea: A Cañiza 2020
Xénero: Comedia pedagóxica
Idioma: Galego
Idade recomendada: mocidade e público adulto
Duración: 60 min
FICHA ARTÍSTICA
DOSIER GALEGO
DOSIER ESPAÑOL
Creación, dirección e dramaturxia: Diana Mera
e Marta Pérez
Espazo Sonoro: Francisco Gallardo
Iluminación: ISGAL Eventos
Deseño gráfico: Laura Estévez Alfonso
Fotos_Rosinha Rojo