Aporía Escénica é unha compañía emerxente dirixida por Diana Mera que busca explorar o universo da muller e encontrar a súa propia linguaxe artística por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que favorezan a potencia plástica dos corpos e os obxectos, empregando o xogo e o humor, sen esquecer a palabra e a poesía. Diana Mera
Unha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba. Cinco actrices en escena habitan un espazo en branco e negro, subxugadas pola omnipresenza do frío que emana do gran frigorífo branco, suspendidas no tempo, a cabalo da dúas épocas, a analóxica e a dixital.  Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á organicidade, nunha inquietante atmosfera na que destacan os queixidos do violín.
30 e tantos ósos é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar os seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe. A peza está estruturada en cinco cadros que pretenden facer un percorrido metafórico por toda unha vida para atopar as chaves que nos permitan desfacernos de todos os medos, condicionantes e imposicións sociais, facendo fincapé naquelas ataduras que arrastramos polo feito de ter nacido mulleres nunha sociedade patriarcal ata a médula.
aporiaescenica@gmail.com
FOTOS: XERXO GONZÁLEZ
PREMIO MARÍA CASARES AO MELLOR TEXTO ORIXINAL
FOTO: CESAR CARBALLO

FOTO: XERXO GONZÁLEZ